Os proxectos que desenvolvemos na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña son unha aposta real e efectiva polo sector lácteo galego
Entre as actividades que desenvolve a CAP actualmente está o servizo de Asesoramento Técnico- Económico e de Xestión de Explotacións, para orientar ás explotacións no desenvolvemento dunhas prácticas agrarias eco-compatibles e sustentables economicamente e o servizo de Substitución para dar resposta a unha das demandas do sector, fundamental para mellorar a calidade de vida nas explotacións gandeiras galegas. Tamén se colabora co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e con centros de ensino e de formación de persoal técnico (Escola Politécnica Superior de Lugo, EFA Fonteboa).